luns, 19 de decembro de 2016

HIPOPREMIOS 2016

O III Encontro de Artes Escénicas acolleu a entrega dos Hipopremios 2016, que por votación do público asistente ós espectáculos foron outrogados a:
PREMIO AO MELLOR ESPECTÁCULO PARA PÚBLICO FAMILIAR
"A verdadeira historia de Manuel de Paderna" de Lucecús Teatro


PREMIO AO MELLOR ESPECTÁCULO PARA PÚBLICO ADULTO
"Sánatos" da Compañía Teatral Paso de Valverde 

Actores e actrices premiados



domingo, 18 de decembro de 2016

III Encontro de Artes Escénicas

Oscar Bello sorprendeunos coa súa maxia, Swing Jazz Lugo fíxonos saltar dos asentos para seguir o seu ritmo, coas letras cheas de humor e retranca de Carta de Ajuste rimos a esgalla... Unha tarde noite chea de sorpresas en excelente compañía: a do público asistente, a dos artistas convidados e a dos actores e actrices premiados!!
Artistas premiados e convidados

Hipócritas con artistas premiados e convidados

venres, 9 de decembro de 2016

III Encontro de Artes Escénicas

O 18 de decembro, para celebrar un ano máis de programación cultural no Local Hipócrita, o III Encontro de Artes Escénicas traeranos maxia, baile, música e algo de teatro. Alegría, humor, sorpresas... e a entrega dos Hipopremios 2016. Vas faltar a tamaño acontecemento??



mércores, 26 de outubro de 2016

CIRCUÍTO GALEGO DE TEATRO AMADOR

Data/hora: Sábado 29 de outubro ás 20h
OBRA: SANATOS (recomendada para adultos)

Grupo: Paso de Valverde
Sinopse:
A vida doe demasiado, non hai por onde fuxirlle. O pasado volta para mostrarnos como de felices fomos e como de enganados estabamos. Aqueles riseiros aloumiños son hoxe lastro que afunde sen pausa, e o amor truncou en obriga maldita. Haberá lugar para o descanso? Cando nos equivocamos?
 Elenco: María Miranda, Manuel de Eva e Belén Mariño
Dirección: Paulo Serantes


Data/hora: Domingo 30 ás 19h
OBRA: UN DÍA NO CIRCO (recomendada para público familiar)
Grupo: Paso de Valverde
SinopseEspectáculo cómico para todos os públicos. O circo está cheo de ilusión e de maxia. A carpa de cores provoca ledicia en pequechos e grandes. Mas hai un rapaz ao que lle gusta especialmente o circo: Chukiño. Un día o noso protagonista descobre que o Circo actuará na vila. Un espectáculo único! Chukiño non dubida e, despois de avisar aos amigos, vai correndo á carpa para coller sitio. Mais os tempos non son doados e a actuación corre o risco de ser cancelada...
ElencoXavier Ramilo, Antón L. Rico, Paulo Serantes, Belén R. Mariño
Dirección: Paulo Serantes




Data/hora: Sábado 5 de novembro ás 20h
OBRA: MENESTRA DE TESTOSTERONA (recomendada para adultos)
Grupo: Hipócrita Teatro
Sinopse:Lucrecia, unha muller marcada pola educación que recibiu e por un conflito non resolto da súa infancia, decide ir a terapia. Dende o sofá do doutor presentaranos, en clave de humor, a todos os homes da súa vida, e descubrirá que hai un denominador común entre eles...

Elenco:María J. García e Carlos Rebolo
Deseño iluminación: Juan Rivas
Dirección: Carlos Rebolo


Data/hora: Domingo 6 de novembro ás 19h
OBRA: ALACRÁN (recomendada para público adulto)
Grupo: Teatro no Aramio
Sinopse:
O Alacrán é un local, unha especie de tugurio, ó que comezan a chegar persoas moi diversas. En primeiro lugar dous músicos que ocupan un lugar permanente no espazo escénico e que crearán o ambiente sonoro da peza. A continuación van aparecendo unha serie de personaxes que cargan coa súa biografía. Todos teñen en común que foron convocados, a través dunha carta, a este lugar e no momento concreto da súa chegada. O remitente é un tal Moloch polo que se espera, a semellanza daquel Godot de Becket.
Alacrán é un proxecto grupal que deu lugar a unha peza na que se mesturan música en directo e cancións orixinais cunha dramaturxia de comedia escura. Non é propiamente un musical senón unha proposta traxicómica na que un ‘mostrario’ de personaxes curiosos van pasando por diante do ollo de quen mira.
ElencoClara González, Toni Salgado, Olalla Rey, Natalia Feijoo, Aitor Iglesias, Fran Godón
Dirección: Fran Godón

venres, 21 de outubro de 2016

CIRCUÍTO GALEGO DE TEATRO AMADOR

Promovido por FEGATEA a través dun convenio coa Consellería de Cultura
Traerá ó noso local 4 funcións de teatro.
Velaí a programación:

venres, 2 de setembro de 2016

Lucecús

"A verdadeira historia de Manuel de Paderna" de Lucecús, ademais dunha fermosa homenaxe a Manuel María, é unha obra chea de sorpresas e amor a poesía!
Aquí vos deixamos unhas fotos,que fixo o noso compañeiro Juan Rivas, como testemuña do seu paso polo Local Hipócrita.

domingo, 28 de agosto de 2016

Lucecús

Este xoves, día 1 de setembro, ás 7 da tarde, grandes e pequenos podedes achegarvos ó Local Hipócrita para coñecer "A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna". Contaránnola os compañeiros de LUCECÚS TEATRO, grazas ao patrocinio da Excma, Deputación Provincial de Lugo, a través do seu programa de CULTURA SOBRE RODAS, polo que, a entrada a esta actividade será de balde.

xoves, 2 de xuño de 2016

Este venres, 3 de xuño, máis IMPRO!

Un feixe de sorpresas improvisadas con Lusco Fusco!
Cando? Este venres ás 21:30
Onde? Onde vai ser...

É IMPRO - BABLE QUE TE ABURRAS!

xoves, 26 de maio de 2016

Primavera Hipócrita

Varias semanas despois de chegar ó Corte Inglés, chega a Primavera ó Local Hipócrita!!

Este venres, 27 de maio, ás 21:30h, a estación máis esperada do ano chega cun "AGASALLO" moi especial: a estrea mundial da nosa nova montaxe.



xoves, 28 de abril de 2016

Catalina no Dïa do Libro

Dous pases con aforo completo!
Catalina Lino Lina, unha obra de Glup Glup Teatro protagonizada por Elea López, encheu o local Hipócrita de solidaridade cos refuxiados sirios.

Fotos: Julio Seijas








Vídeos San Teatrin

Para os que non poidestes asistir, aquí vos deixamos uns vídeos do San Teatrín.






xoves, 14 de abril de 2016

Día do Libro solidario!

O sábado 23 de abril, Día do Libro, temos unha función triplemente especial. Elea López, de Glup Glup teatro, traerá ó noso local Catalina Lino Lina, e farao por unha causa que esperamos todos apoiedes: Recadar fondos para os refuxiados sirios.
Teremos dous pases: o primeiro ás 18 horas e o segundo ás 19:30
Por cada entrada vendida, distintas empresas lucenses doarán un euro. 
As entradas poderanse comprar anticipadas na Tabla de Flandes. O prezo é de 5€. A recadación doarase íntegra.

xoves, 31 de marzo de 2016

1,2,3 IMPRO!

Os compañeiros de Lusco Fusco durante a función de impro que fixeron no Local Hipócrita.

venres, 11 de marzo de 2016

1,2,3 IMPRO!!

Este domingo, día 13, ás 7 da tarde, se te achegas ó Local Hipócrita poderás botar unhas risas con Lusco Fusco e o seu espectáculo de improvisación.

luns, 15 de febreiro de 2016

Viva San Teatrín!!

O 14 de febreiro celebramos e compartimos o amor ó teatro cun feixe de amigas e amigos. Unha gala cómica que inaugurou a programación anual 2016 do Local Hipócrita. Pequenas pezas que preparamos no noso laboratorio teatral permanente dirixido por Elea López e un concurso, "A laranxa máis laranxa de todas as laranxas laranxas", que puxo a proba o humor e o amor dalgúns dos asistentes. Viva o teatro!!

xoves, 4 de febreiro de 2016

San Teatrín

O 14 de febreiro celebraremos o San Teatrín cunha gala moi teatral. Vén a compartir con nós esta homenaxe ó teatro.

domingo, 31 de xaneiro de 2016

Obradoiros de teatro con Carlos Neira

Un luxo ter a Carlos Neira con nós! Poucos profesionais poñen tanta paixón no seu traballo e coñecen tan ben o feito actoral e teatral e saben facelo chegar aos alumnos de xeito tan máxico. Foron 8h moi intensas que poderían dar lugar a grandes espectáculos grazas á boa disposición dos alumn@s e ó saber facer do mestre. 

Fotografías de Juan Rivas
Algúns dos participantes no obradoiro de improvisación.


 Diferentes momentos do traballo no obradoiro de creación do personaxe